Foro - III


¡Dilo todo!


http://chocosylectores.blogspot.com/2014/10/a-esmorga.html

6 comentarios:

  1. Muy buena la reunión de ayer. El documental, regular.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu son "documentaleira" e poida que, polo tanto, de criterio poco fiábel neste caso; pero resultoume interesante o documental. Isto non quita, claro, que considere que Jerónimo coa súa presentación de diapositivas tería sido igual de interesante e poida que máis ameno grazas á posibilidade de interactuar.

      Eliminar
  2. Onte esquecemos comentar, e deber ser por iso que hoxe se me antolla interesante, a morte do Bocas a mans do Milhomes. Estaba o Aladio a defender á Socorrito? Penso que non, que se trata máis ben dun crime pasional. Dun home namorado, ou polo menos fortemente atraído sexualmente por outro, que perde a cabeza ante a traizón do obxecto amado /de desexo. “La maté porque era mía”, vaia.

    No fondo, A esmorga, é unha historia de amor entre dous homes: un que ten a súa identidade sexual claramente definida, o Milhomes, e outro que sufre ao verse atraído por unha persoa do seu mesmo sexo e que tenta, a momentos afastarse de el e reivindicar a súa masculinidade (ben sexa a mamporrazos, violacións –de mulleres ou de moradas –, roubos, putas,...), a momentos botar man do alcohol como desinhibidor que o axuda a deixar de lado cuestionamentos morais.

    O pobre do Cibrán, coa súa cativa forza de vontade, non é máis que o esmorgante “escopeta”: outro dos recursos do Xanciño para tentar gardar as aparencias e incluso chamarse a si mesmo á orde.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muy buena esa definición de esmorgante "escopeta". Aunque, curiosamente, en este caso se invierten los papeles porque quien reclama esa figura es la parte teóricamente menos débil de los dos. Lo que es la opinión pública, ¿eh?

      En esa línea, se entiende bien las reacciones animalescas del amigo Bocas tras descubrir en el pazo de los Andrade que su redención no es posible. De ahí a Socorrito y la navaja final, no por trágico deja de ser las consecuencias obvias. La vida.


      Eliminar
    2. Peitodemacho é un dos seus alcumes, pero, a súa fortaleza física, que parece servir á hora de que os outros dous acaben por facer o que el teima (*), non vai acompañada dunha fortaleza de espíritu (e quero dicir con isto que as súas dúbidas sobre a súa identidade sexual fan do Bocas un ser moi vulnerábel, imprevisíbel e, demostrado quedou, perigoso).

      (*)--Ponte aquí, ordenou o Bocas, con aquela súa maneira de mandar, cando andaba nelas, que non ademitía outra resposta que obedecer"

      As "reacciones animalescas del amigo Bocas" xa viñan de antes do caso da muller-boneca, o episodio de fuxir da taberna do Chaguazoso deixando por morto a un home como máximo exemplo do que falo. Ademais, que diantres tiña pensado facerlle á fidalga de ter sido esta de carne e óso? O mesmo que á Socorrito, ou crémolo cando segundo o Cibrán di "Señora, non teña medo que non lle faremos ningún mal..."?

      Eliminar
  3. ¿Qué se supone que sucede debajo de esa manta? ¿Simplemente duermen la mona o hay algo más? Me refiero a si pilla E L James la historia y se harta a vender libros.

    ResponderEliminar

¡Gracias por participar!