Foro - VI


  ¡A volar!


Volver

5 comentarios:

  1. Non son eu fan da novela detectivesca e, volvendo a vista atrás, vexo que, agás as dúas entregas do inspector Caldas e o curtiño, pero ben interesante, Blues da ría do noso veciño Xesteira, poucos son os achegamentos que por iniciativa propia teño feito a ela. A esta curtísima bagaxe da que botar man, poderiamos engadir uns cantos títulos lidos ó longo destes catro anos (¡¿catro anos?! ¿Botaría ben a conta?) no club de lectura: El largo adiós y El caso de la sirvienta desaparecida son os dous títulos que agora mesmo me veñen á cabeza. Quero dicir con isto, que é pouca a valía da apreciación de Laura y el misterio de la Isla de las Gaviotas que vou facer.

    De primeiras, nin o xénero, nin o título (que me soaba a aquilo que liamos de nenos de “Los cinco”, ou á “Kika Superbruja” que hoxe len os nosos cativos), nin a serie de televisión (poida, unha vez máis, que por descoñecemento), nin o volume do libro me servían como acicate para mergullarme con entusiasmo na tarefa; pero, como son persoa a que lle gusta ir á escola cos deberes feitos, decontado me puxen a ler.

    A primeira parte foi para min unha grata sorpresa. Pareceume moi interesante e valente ese xeito de irnos presentando ós personaxes e as súas historias un a un. Interesante, porque lle dá un toque de orixinalidade a estrutura da obra e porque creou en min a ilusión dunha serie de relatos curtos, xénero este polo que me sinto ben máis atraída. Valente, porque os autores, inda que conscientes de que a maioría dos lectores que se achegarían a súa obra ían ser fans da serie, tiveron o denodo de non facer aparecer por ningures nin Laura Lebrel, nin ningún outro dosseus personaxes principais ( que así o comprobei o ver un capítulo da mesma unha ver rematada a lectura), ata a páxina 112.

    A segunda parte, fíxoseme máis costa arriba: porque entramos xa de cheo no xogo de” pista vai, pista vén” (defecto do animal, como xa expliquei) e porque a personaxe de Laura, ás súas torpezas, son levadas nalgúns momentos a tales extremos, que se me fai pouco críbel.

    O tema da tolemia..... Non quero dicir nada por non estragarlle a lectura a ninguén ;)

    Non é o libro da miña vida; pero si entretido, con ritmo e se deixa ler.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchísimas gracias por compartir con todos ese análisis completo, que a su vez salva los datos fundamentales para los lectores.

      Indiscutiblemente, el libro se encuadra dentro de las novelas de misterio clásicas, al estilo de Agatha Christie, aunque incluyendo pinceladas de humor y el transfundo de las relaciones personales.

      Para los seguidores de la serie, esta precuela permite entender algunas claves de lo que luego irá sucediendo, además de servir de presentación de todos los personajes que participan en los capítulos.

      En la ficción contemporánea, es curioso el caso de la serie americana Castle, donde el protagonista es escritor, y promociona sus libros... que luego se venden en las librerías convencionales. Son muy interesantes las sinergias entre la televisión y la literatura.

      Eliminar
  2. O coche de Laura Lebrel na serie seméllase moito ó de Elena. :D

    Marta

    ResponderEliminar
  3. Mi coche... ¡famoso! ¿En que capítulo puedo ver a su alter ego?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No capítulo un da primeira temporada podemos ver á nosa Laura conducindo un coche verde como a herba da primavera.

      Eliminar

¡Gracias por participar!