Foro - IX


  ¡Ni una palabra en el tintero!



Volver

2 comentarios:

  1. Ei Armórica, Cornubia e Cambria
    Scotia, Erín, Galicia e a illa de Man.

    Son as sete nacións celtas
    fillas do Pai Breogán.

    Miña Patria Galicia
    ti és, e ti serás,
    cos teus verdes agros
    o mais quente fogar.

    Son os sete ciños brancos
    os fillos dos Dedaniáns.

    Para tí, miña Patria,
    nos beizos un cantar,
    nos peitos a ledicia
    o amor e a liberdá.

    Xosé Filguera Valverde


    "Armórica é a rexión francesa situada entre os ríos Sena e Loira, que desde que a invaden os bretóns entre os séculos V e VII pasa a denominarse Britannia (Bretaña); Cornubia ven a ser o condado inglés de Cornwa ll (Cornua lles); Cambria corresponde ao nome latino do País de Gales; Escocia; Erín, nome gaélico de Irlanda, e a illa de Man, que é unha das situadas no mar de Irlanda, pero pertencente a Gran Bretaña.

    Os dedaniáns son seres míticos, sabios e valentes, nomeados nas crónicas e poemas irlandeses, Tuatha Dé Danann, que invadiron na antigüidade a illa e aínda agora continúan vivindo ocultos a semellanza dos nosos mouros. Non fa lta quen coide que se trata dunha raza rea l e mesmo tamén que son os deuses que levaron a Irlanda os invasores milesianos, dos que se di que eran orixinarios de Galicia".

    Mar adiante. As xeiras dos Ultreias (Clodio González)
    http://piogarcia.com/wp-content/uploads/2015/01/ultreia.pdf

    ResponderEliminar
  2. "O que nos fai familia real non é o sangue", afirma Begoña Caamaño.

    http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/begona-caamano-trae-o-seu-premiado-libro-morgana-en-esmelle-a-eirado

    ResponderEliminar

¡Gracias por participar!