Prohibido a los gatos - 10.

Ante todo, moita calma. Non bebiches demasiado, non ves dobre: realmente hai dous Dakotas no mapa.

  Pero, por que? Viaxemos no tempo para descubrilo.

  1800. Ese gran rei español, Carlos IV, inaccesible á honra, regálalle a Napoleón, en pacto secreto, Louisiana, un minúsculo territorio americano de apenas catro veces o tamaño da España peninsular.

  1803. Francia vende a Estados Unidos o territorio no que é, para moitos, o mellor negocio da historia: a hectárea pagouse a 7 centavos, ou o que é igual, como comprar todo o territorio de Galicia por pouco máis de 2000 dólares da época -ao cambio, uns 38000 euros de hoxe.

  Na zona de Dakota habitaban os indios Sioux e algún que outro cazador que se xogaba o seu pelello buscando peles.

  E así seguiu a cousa ata 1874. Descubriuse ouro. Os westerns explicáronnos a historia: buscadores e colonos, trens e campamentos, guerra contra os indios. Gran paradoxo: dakota significa 'amigo'... pero o filón polo que vale!

  O ferrocarril percorría o territorio de leste ou oeste; as distancias eran enormes e a capital teórica do Estado, no sur, quedaba lonxe dos novos centros de poder.

  Finalmente, o Congreso, en 1889 recoñece a partición do territorio e incorpóraos a Estados Unidos.

  E aí chegamos á nosa Dakota do Sur, o gran celeiro de trigo de Norteamérica, co Monte Rushmore como símbolo máis reconocible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Gracias por participar!