
Nadal de 2014. Cando todo debía ser harmonía e panxoliñas, salta o escándalo: un grupo de airados pais acusan a Playmobil de 'exaltación do crime'.
O motivo dun xuízo tan severo foi unha caixa con caixeiro: o escenario perfecto do crime imperfecto; unha moza enmascarada e un empregado de banca.
Os preocupados proxenitores queixábanse de que a escena estandarizaba un modo de vida, o de atracador, non completamente recomendable. Nin sequera concedían mérito ao feito igualitario de que a ladroa fose muller, senón que se centraron en que estivese dobremente armada de pistola e coitelo. E a gravata amarela do señor atracado tampouco era moi bonita.

O portavoz da empresa contestou as protestas explicando que, precisamente, a súa misión era ensinar aos rapaces para distinguir situacións onde o mal é malvado.
A pregunta é, puido ser leste o agasallo que algúns dos nosos políticos recibiron aquel nadal? Quizá explique algo...
No 2014 os nosos políticos xa andarían noutros xogos, quero pensar.
ResponderEliminarPues muy de-lego tampoco parecen, ¿eh?
ResponderEliminarEntendo, pois, que legos e playmobiles non son mesturábeis; como trekkings e warring ou merengues e culés... Que cousas!
EliminarAlguna universidad americana podría hacer un estudio a largo plazo sobre si los niños que mezclan muñecos de diversas especies tienden más de adultos a la promiscuidad. Lo mismo explica algo.
EliminarMás bien la variable a estudiar sería el rechazo a la endogamia :D
Eliminar