En principio - IX
Abrimos el libro y encontramos...
Agora que o meu señor don Merlín dorme plácido ao carón da súa ciencia e dos seus sete saberes, e cando aínda manteño nidias as
lembranzas é, se cadra, o momento de que fale por fin o acontecido hai xa tanto tempo en Miranda e do que sempre se me prohibiu falar. Non creo que o meu relato poida xa producir mal ningún ao meu amo. Tan profundo é o seu sono que ninguén de entre nós sabe de certo se é morte ou repouso, pois cada día que pasa os seus brancos cabelos mestúranse máis coa xeada pousada na carriza do vello carballo ao que se arrimou cando decidiu retirarse a descansar.. E el é cada vez máis difícil atinar onde acaba o humano cabelo e onde comeza o arbóreo carazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¡Gracias por participar!